Picbear logo Browse Instagram content with Picbear

@carlosorozacifp

CIFP Carlos Oroza

carlosorozacifp

Centro de ensino público de Formación Profesional - Hostalaría e turismo - Industrias Alimentarias - Pontevedra

  • 1K Total Likes
  • 26 Tot. Comments
#instaoroza #fotododia #cerrandocurso20172018 Ainda que queda traballo no mes de xullo, hoxe rematamos oficialmente o curso. Mil grazas por este intenso e produtivo curso ao alumnado, profesorado, colaboradores e amigos de Instagram!! Volveremos cheos de enerxía no mes de setembro!! #aprenderfacendo
O pasado venres despedimos ao alumnado do centro co que tivemos a sorte de contar na promoción 2016-2018. Unha honra ter como padriño desta promoción a Xoan Cannas director do @institutogalegodovino, que cun discurso moi emocionante despediu ao alumnado que deixa o @CarlosOrozaCIFP  Mil grazas Xoan! Polo teu apoio sempre, e por acompañarnos neste día especial!! "Los Manueles" puxeron a nota musical #despedidaoroza2018  #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia  Hoxe estamos en #salimat en #silleda coa nosa #pontevan ofrecendo aos visitantes unha oferta gastronómica sana con ingredientes da nosa #hortaoroza  #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia  A nosa receta para #pontevedraviva con sardinillas gourmet @pescamarpeixaria elaborada polo alumnado de Dirección Cociña Dual: #sardinillas Pescamar con aceite de brasa, pementos de #padrón e pan de millo #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia  O alumnado de #fpbasica perseguiu as pegadas de #castelao na cidade de Pontevedra percorrendo, nun dos roteiros deseñados por @pontevedrate os pasos do xenial escritor galego  #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia  O alumnado do ciclo superior de Dirección de Servizos elaborou unha carta de infusións a partir das herbas aromáticas frescas da nosa #hortaoroza #aprenderfacendo #km0
#instaoroza #fotododia Hoxe a #hortaoroza vistese de gala para unha actividade que porá en valor os produtos DO e IXP de todo o territorio español.  Moitas grazas a todos os consellos reguladores participantes pola súa xenerosa participación!! #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia Hoxe levamos a nosa aula móbil #pontevan a un escenario maxestuoso, o Pazo de Lourizán para o desenvolvemento dunha actividade que reúne tres dos nosos proxectos de innovación: "Para ti, para min...para todos", "PonteVan: FP na rúa" e "A nosa camelia, tan curiosa como saborosa" para un colectivo da @once.es  #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia  Pablo e Manuel xa están listos para a competición no I Certamen de servicio de cerveza @estrellagalicia entre centros de Hostelería de Galicia no @paseodaspontes  Moita sorte!!
#instaoroza #fotododia Rematamos o noso percorrido particular por #degustaeuropa no mercado de @Vilagarcia con este equipazo de alumnado e profesorado! Vémonos o vindeiro ano noutros mercados nos que amosar os marabillosos produtos galegos como ingrediente de sabrosas elaboracións europeas. Ata Degusta Europa 2019!! #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia  O alumnado de 1º de Dirección de Cociña fai prácticas na nosa aula móbil de cocina, o vehículo de comida na rúa #pontevan durante o recreo, aproveitando xénero co que crear unha oferta gastronómica adecuada ao streetfood.  #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia Hoxe comezamos o noso periplo polos mercados pontevedreses con #degustaeuropa Produtos locais para elaboracións europeas. Os paladares lalinenses cataron pratos de Suecia, Portugal, Francia ou Islandia. Noraboa ao noso alumnado e profesorado pola súa profesionalidade!! #aprenderfacendo  #somoseuropa #gastronomiaqueune
#instaoroza #fotododia  Hoxe estamos en #segovia no Campionato de skills de recepción hotelera de Castela e León aprendendo para os nosos skills do mes de novembro.  Grazas ao @redes.sociales.cifp.segovia pola súa acollida e colaboración!! #skills #hotelskills #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia Hoxe a partir das 22.05 en @rtve estaremos participando en @masterchef_es facendo o servizo aos comensais co noso alumnado de servizos en restauración. Non volo perdades!! #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia Hoxe rematou #fpinnova2018 na @cidadedacultura De Santiago. Moitas grazas a todos os que nos visitaron no stand para coñecer o noso proxecto! E os maiores parabens para o noso alumnado e profesorado, coma sempre amosando a súa profesionalidade! O maior activo que temos no centro sodes o equipazo de alumnado e profesorado. Somos moi afortunados!! #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia  Seguimos en #fpinnova  Hoxe seguimos presentando o noso proxecto de innovación educativa da camelia: a hamburguesa vegana de #camelia , as esferificacións de yogur de camelia, sweet fruit camelia... Ensinamos os nosos produtos aos visitantes. Grazas pola acollida! #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia Xa estamos en #fpinnova amosando  o resultado do noso proxecto de innovación educativa "A nosa camelia, tan curiosa como saborosa" Grande acollida! Grazas!! #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia Día de visita a @orballo_eco coñecendo unha empresa sostible e de #agriculturaecoloxica que produce té galego ecolóxico que proven da nosa flor, a camelia galega. Noraboa polo voso traballo! #aprenderfacendo

Loading